xoves, 10 de abril de 2025

Encontros Virtuais na Zona USC - 14 e 15 de abril

 Encontros Virtuais na Zona USC - 14 e 15 de abril

Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 14 e 15 de abril. Os mesmos teñen como obxectivo dar resposta para que o futuro estudante poida coñecer mellor as titulacións e servizos que oferta a USC. Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e de 4º de ESO.


A páxina de acceso ós encontros é 
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (os contidos están actualizándose).

Na mesma, para cada estudo de Grao, haberá unha ligazón a unha videoconferencia, coa data e hora na que terá lugar, que estará atendida por profesorado do centro. O estudantado poderá facer as súas consultas intervindo na mesma ou, se o prefire, utilizando o chat. Non tendo que intervir necesariamente se non o desexa.


Na seguinte ligazón tedes un cronograma cos horarios de todas as videoconferencias dos Graos da USC: Ligazón pdf cronograma



Ningún comentario:

Publicar un comentario