Amosando publicacións coa etiqueta axudas_inglés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta axudas_inglés. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de febreiro de 2025

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025

 

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 03/02/2025).



A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa:

 https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2025.

 Orde do 24 de xaneiro de 2025 (DOG)Extracto da Orde do 24 de xaneiro de 2025 (DOG)

Orde do 24 de xaneiro de 2025 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

xoves, 2 de febreiro de 2023

Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés



O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca:

Bolsas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, durante o mes de xullo de 2023.

INSCRICIÓNS: Dende o 01/02/2023 ata o 03/04/2023

Duración: Unha semana no mes de xullo de 2023

Máis información

Solicitude en liña




Bono Cultural Xove 2026

  Bono Cultural Xove 2026 O Bono Cultural Xove é unha axuda directa de 400 euros a quen  cumpre 18 anos  para adquirir e gozar de produtos e...