Amosando publicacións coa etiqueta FIC _VIA _XIV. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FIC _VIA _XIV. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de xuño de 2024

O FIC VÍA XIV COMO FARO DE PENSAMENTO CRÍTICO (9º edición)

O FIC Vía XIV de Verín acaba de anunciar a súa temática para este 2024. As curtametraxes que se proxectarán entre o 28 de agosto e o 7 de setembro explorarán os límites das nosas fronteiras mentais que, dende a organización, vinculan a “un territorio cuxa idiosincrasia está claramente marcada polos lindes, por ser unha vila fronteiriza”. 


TOURIÑAN CHEGA AO FIC VÍA VERÍN XIV COA SÚA FACETA DE CINEASTA E CÓMICO


Xosé A. Touriñán, o gran nome do panorama audiovisual galego, chega a Verín. O sábado 31 de agosto a vila acollerá as dúas grandes propostas do humorista. Por unha banda, presentará a súa primeira curta documental “Nena”.  Ademais, o público do FIC Vía XIV Verín poderá gozar tamén do seu monólogo “Aquí Tou!”. 



Bono Cultural Xove 2026

  Bono Cultural Xove 2026 O Bono Cultural Xove é unha axuda directa de 400 euros a quen  cumpre 18 anos  para adquirir e gozar de produtos e...