O FIC Vía XIV de Verín acaba de anunciar a súa temática para este 2024. As curtametraxes que se proxectarán entre o 28 de agosto e o 7 de setembro explorarán os límites das nosas fronteiras mentais que, dende a organización, vinculan a “un territorio cuxa idiosincrasia está claramente marcada polos lindes, por ser unha vila fronteiriza”.
TOURIÑAN CHEGA AO FIC VÍA VERÍN XIV COA SÚA FACETA DE CINEASTA E CÓMICO
Xosé A. Touriñán, o gran nome do panorama audiovisual galego, chega a Verín. O sábado 31 de agosto a vila acollerá as dúas grandes propostas do humorista. Por unha banda, presentará a súa primeira curta documental “Nena”. Ademais, o público do FIC Vía XIV Verín poderá gozar tamén do seu monólogo “Aquí Tou!”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario