martes, 3 de maio de 2022

A miña experiencia laboral

 Ao remate dos nosos estudos, necesitamos buscar emprego e aprender a desenvolvernos no mundo laboral. Agradecemos que nos fagades chegar as opinións e consellos sobre a vosa experiencia laboral, anotando todas as aportacións que podan ser de axuda para as persoas que se atopan en formación e nunca estiveron no mundo laboral

Moitas grazas!




2 comentarios:

  1. Boas,
    Na miña opinión como enxeñeiro informático que leva dous anos no mundo laboral, o máis importante a ter en conta é que os estudos non te preparan, na maioría dos casos, para saber facer as tarefas dun posto de traballo. O que ensinan é a adaptarse e a buscar solucións aos problemas que aparecen. Esta claro que a universidade proporciona unha base sólida aínda que moitas veces pareza que algunhas das cousas que se ensinan son inútiles.
    O meu consello é non comezar no mundo laboral con medo aínda que a túa sensación sexa que non estás preparado.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Javi, pola túa colaboración. Un saúdo!

    ResponderEliminar

Campamentos verán 2025 específicos para persoas con discapacidade

  Campamentos verán 2025 específicos para persoas con discapacidade A Xunta de Galicia oferta 250 prazas para participar en estadías sociali...