martes, 3 de maio de 2022

A miña experiencia laboral

 Ao remate dos nosos estudos, necesitamos buscar emprego e aprender a desenvolvernos no mundo laboral. Agradecemos que nos fagades chegar as opinións e consellos sobre a vosa experiencia laboral, anotando todas as aportacións que podan ser de axuda para as persoas que se atopan en formación e nunca estiveron no mundo laboral

Moitas grazas!




2 comentarios:

  1. Boas,
    Na miña opinión como enxeñeiro informático que leva dous anos no mundo laboral, o máis importante a ter en conta é que os estudos non te preparan, na maioría dos casos, para saber facer as tarefas dun posto de traballo. O que ensinan é a adaptarse e a buscar solucións aos problemas que aparecen. Esta claro que a universidade proporciona unha base sólida aínda que moitas veces pareza que algunhas das cousas que se ensinan son inútiles.
    O meu consello é non comezar no mundo laboral con medo aínda que a túa sensación sexa que non estás preparado.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Javi, pola túa colaboración. Un saúdo!

    ResponderEliminar

Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas

  Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas Inscricións: Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024 Os campos de voluntariado son activ...