A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, pon en marcha a 1ª edición de Campas 360, un programa de actividades formativas e de lecer en fins de semana do mes de maio de 2025 dirixido a mozas e mozos empadroados en Galicia de 12 e 30 anos, divididos en tramos de idade.
INSCRICIÓN:
- Solicitude de praza través do formulario de inscrición dispoñible na web https://xuventude.xunta.gal: só se poderá elixir unha quenda (as prazas asignaranse por estrita orde de inscrición)
- Confirmación da praza solicitada por correo-e e, logo de recibido o correo-e de confirmación o/a participante terá un prazo de 48 h. para remitir a documentación requerida a campas360.xuventude@xunta.gal
Inscricións:
Ata o 28/04/2025 (remata o prazo ás 22 horas).
Ata o 28/04/2025
Fonte da información: Información Xuvenil (Concello da Coruña)
Ningún comentario:
Publicar un comentario