Está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos. Terá lugar en cinco instalacións de toda Galicia, en quendas de xoves a domingo, concretamente nos albergues xuvenís de Allariz, Cabana de Bergantiños e A Devesa (Ribadeo), así como no complexo Cemar de Mondariz-Balneario e no albergue montañas de Trevinca (A Veiga).
Información xeral Actividades Solicitude
1ª CONVOCATORIA: do 3 ao 10 de xuño.
Cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres programas (identificados co seu código) por orde de preferencia.
As persoas con discapacidade deberán facer constar esta circunstancia no apartado que figura no formulario de solicitude, indicando a porcentaxe recoñecida e o tipo de discapacidade que, de ser o caso, presenta, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.
As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
Presentación da solicitude: a apertura do formulario de solicitude será ás 9:00 horas do 3 de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario