Arrinca a nova tempada de cinema municipal no Salón de Actos
da Casa da Cultura de Verín
O Concello de Verín pon en marcha unha nova tempada de cinema municipal no Salón de Actos da Casa da Cultura, ofrecendo de novo á veciñanza unha programación estable de cinema comercial de estrea, cunha selección de títulos para todos os públicos e nun espazo cómodo, accesible e de proximidade.
Dende que esta iniciativa botou a andar no ano 2016, converteuse nun punto de referencia na axenda cultural verinesa, achegando unha alternativa de ocio de calidade e permitindo desfrutar das últimas novidades en carteleira sen saír do municipio. O Salón de Actos da Casa da Cultura conta cunha sala acondicionada, con boa acústica e capacidade suficiente para garantir o confort do público asistente.
As entradas, cun custe de 5 euros, poden mercarse 30 minutos antes do inicio de cada sesión.
A programación pechada para novembro e decembro é a seguinte:
21 de novembro de 2025
San Simón · 20:30 h

Ningún comentario:
Publicar un comentario