venres, 12 de setembro de 2025

Bolsas Ourense Rural Grao 2025-2026

 


A Universidade de Vigo convoca as Bolsas Ourense Rural Grao destinadas a atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais de grao para o alumnado empadroado en concellos rurais de Galicia distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.

Poderá participar nesta convocatoria o estudantado matriculado en titulacións oficiais de grao en centros propios do campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense no curso 2025/2026.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 17 de setembro de 2025.

CONVOCATORIA E SOLICITUDES

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Proxector: audiovisuais en galego para a docencia

Proxector: audiovisuais en galego para a docencia Proxector: audiovisuais en galego para a docencia