Actividades de lecer para a mocidade de 18 a 30 anos verán 2025.
Aberta a 2ª convocatoria
A Campaña de verán 2025 da Xunta de Galicia inclúe un programa de lecer educativo, alternativo e saudable para a mocidade galega de 18 a 30 anos. Prazas en diversos programas de actividades, en quendas de entre 4 e 13 días de duración, en albergues e residencias xuvenís.
- 1. MAR, NATUREZA E PATRIMONIO Albergue municipal Cabana de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, A Coruña). 06-09-agosto
- 2. A VIDA NA ALDEA Albergue Xuvenil Garatuxa (Mesía, A Coruña). 24-27 xullo
- 3. SURF NA MARIÑA Campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo). 28-31 agosto
- 4. ARTE NAS MANS: UNHA VIAXE POLA NOSA ARTESANÍA Albergue Allariz (Allariz, Ourense). 17-20 xullo
- 5. ENTRE MONTAÑAS Albergue Eco dos Teixos, Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense). 31-xullo/ 03-agosto
- 6. OS ANDARES DO MIÑO Albergue Maristas Tui (Pontevedra). 25-28 agosto
- 7. CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO Residencia xuvenil Altamar, Vigo (Pontevedra). 19-31 xullo
- 8. CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense). 19-31 xullo
SOLICITUDES:
- A solicitude presentarase en liña, no formulario dispoñible na páxina web de Xuventude.
- Prazo de solicitude:
- Dende o día 10 de xuño pódense solicitar as últimas prazas dispoñibles. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro programa na primeira convocatoria. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción das solicitudes, respectando a prioridade sinalada no formulario.
- Formulario de participación
Ningún comentario:
Publicar un comentario