martes, 19 de setembro de 2023

Curso sen coste de Competencias dixitais básicas

No IES García Barbón vaise a impartir un curso formativo gratuito, sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. O obxectivo é formar ós participantes en aspectos básicos da vida cotiá como poden ser enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital...



O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 2 e o 16 de outubro, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.
Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.

Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Desafíos da educación do século XXI