xoves, 1 de xuño de 2023

Aberto o prazo para solicitar aloxamento nas residencias universitarias da USC (Santiago de Compostela)

O Servizo Universitario de Residencias (SUR) da USC acaba de abrir ata o 27 de xuño o prazo para solicitar aloxamento de cara ao curso 2023-2024. En total a oferta deste ano está dotada con 910 prazas, cuxos prezos establécense en función da renda persoal dispoñible de acordo co establecido no texto da convocatoria.



Unha vez procesadas as solicitudes, o 21 de xullo publicarase a listaxe provisional de solicitantes admitidos/as a trámite e excluídos/as. Na relación figurará a súa puntuación, a orde de preferencia dos centros marcados na solicitude e, de ser o caso, a causa que motiva a exclusión. As persoas interesadas dispoñen ata o 31 de xullo para emendar a súa solicitude e entregar a documentación requirida, ou que estimen oportuna, para completar a solicitude.

Para saber máis visita a páxina web.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Axudas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Axudas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas p...