venres, 5 de maio de 2023

XI Campus de Verán XuvenCiencia (USC)

 

Volve o  XI Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles. 

 


O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo.

O custo da matrícula é 250 €.

O prazo de preinscrición ábrese dende o vindeiro venres 5 de maio ata o 14 de maio.

 

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria.

 

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

 

Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus  pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus.

Canle de Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCJ1iTLZuPX3OpsScaSxz_jQ


Ningún comentario:

Publicar un comentario

26 anos de traballo orientador no IES García Barbón (1999-2025)

26 anos de traballo orientador no  IES García Barbón (1999-2025) A aportación en clave histórica pretende realizar unha síntese das liñas de...