mércores, 4 de maio de 2022

Consellos de estudantes universitarios

 A experiencia acumulada na súa ampla traxectoria académica posibilita que o alumnado  universitario -ou xa titulados- poida dar algúns consellos para os adolescentes que comezan 1º de Bacharelato.





Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla da modalidade de Bacharelato, dificultade das asignaturas, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar determinados estudos, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.

Grazas pola túa colaboración.

Para redactar o teu consello visita o apartado que hai reservado no blog para COMENTAR.

3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Boas,
    Como enxeñeira química xa graduada, o meu consello para aqueles que comezan os seus estudos de bachiller é que intenten organizar ben o seu tempo -tanto dentro como fóra das aulas-. Na universidade, a dificultade dalgunhas asignaturas atópase na carga de traballo, polo que é moi importante ter unhes hábitos de estudo xa marcados dende bachiller.
    A min axudoume porme obxectivos semanais, desta forma, motivábame ver os logros que cumplía á vez que non deixaba todo para o último momento, e así tamén podía disfrutar do tempo libre.
    Un saúdo,

    ResponderEliminar

Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas

  Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas Inscricións: Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024 Os campos de voluntariado son activ...