xoves, 2 de maio de 2024

Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas

 

Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas

Inscricións:Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024

Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboración con concellos e entidades, e encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.

A Xunta de Galicia oferta prazas en campos de voluntariado na Rioxa, Aragón, Baleares, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Ceuta, Estremadura, Euskadi, Madrid, Melilla e Navarra.


Máis información:
  • Seguro

xoves, 18 de abril de 2024

Guía Ti Elixes! 2024

 



Con motivo da realización da edición 2024 das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, publícase a edición 2024 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas xornadas e informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.



Desafíos da educación do século XXI